Abril 2009
Monthly Archive
Abril 26, 2009
Este home non ten remedio: Ou minte ou reventa. No Faro de Vigo e na Opinión da Coruña (tal vez en máis xornais do 10 de abril) di que en España hai un ataque planificado contra a Igrexa Católica. Vaia parvada! Acaban de subir a asignación dos diñeiros na recaudación de fazenda, máis e máis rúas son pechadas para as súas procesións (polo menos en Galicia), os receben con boas verbas nas institucións do Estado (todo o contrario do que fan eles) e… Disque están perseguidos!
Para nada. Aínda máis, o movimento laicista vai a remolque das parvadas que promulgan unha e outra vez bispos, arcebispos e o papa. O caso é que nos teñen estresados de tanto como temos que responder as súas parvadas. O da orde e planificación do anticatolicismo o poderá dicir porque non imos atropelando como os adoradores da “ branca pomba” e o do planificado será porque as cousas as pensamos antes de rebuznalas, como fan outros.
Esta mesma semana santa camiñábamos dous membros do Colectivo Milhomes (Miguel e Jose), e nos atopábamos as bandeiras do concello na Praza de María Pita a media asta.
Pensamos que era polas víctimas do terremoto de Italia, pero non era iso. Estivemos dando máis voltas ó tema ata que reparamos que era venres santo e as gradas que estaban instaladas diante do concello eran para unha romaría católica. Pois si, o concello tiña as bandeiras a media asta porque se conmemora a morte de Cristo. O concello hoxe ponse de xeonllos ante os católicos, e non será estraño que mañá teña que face-lo mesmo ante alá e honrar a morte dos terroristas islámicos. E o terán que facer por puro trato de igualdade. Así que estamos apañados. Aínda estamos esperando a que en xuño de calquer ano onde a bandeira do arco da vella na portada do concello como xa sucedeu noutras cidades (non fai falta viaxar lonxe:Vigo por exemplo)
Este indocumentado de Paco pode dicir parvadas en relación ó aborto (como se pode ler no artigo) porque el mesmo foi responsável de que ó longo de moitos anos os museos científicos coruñeses ocultaran todas as verdades da ciencia que non querían ver os católicos; deste xeito teñen á xente enganada e a utilizan ó seu antoxo como borregos.
Maniféstase como católico. Ten miles de metros cadrados de vivendas na Mariña da Coruña e acumula un patrimonio económico brutal, mentres o mundo está cheo de fame e pobreza. Se por un momento cristo pasara pola terra tería que darlle latigazos como ós mercaderes do templo.
Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña
Abril 26, 2009
O periódico “La Opinión de A Coruña” do 2 de abril deixou en evidencia ós galegos e a verdade é que quedamos nunha mala posición. Con todo tiveron misericordia de nós e non fixeron unha análise social dos datos.
Se contaban as bodas de lesbianas e gays que se celebraran no Estado Español, coa pormenorización por Comunidades. A cousa foi moi simple só Castilla y León, Extremadura e La Rioja teñen un índice de bodas, ou o que é o mesmo, modernidade e respeto nas súas cidadanías, menor que o galego. Aínda podiamos sentir a vanidade de poder mirar con arogancia a outras Comunidades que semella que están peor que nós: pois non. Vai resultar que non, que son eles os que poden mirarnos así.
Quen teña xuizo sabe que lesbianas e gays sentímonos máis libres nas grandes áreas metropolitanas, por ser nelas onde hai máis anonimato para levar o noso estilo de vida.
A conclusión que obtemos é que as áreas metropolitanas galegas (Vigo e A Coruña) moito máis grandes que as das respectivas Comunidades que teñen menos bodas que nós constitúen un fracaso social.
Poñamos un exemplo: Extremadura está na cola co 0.34% de bodas LGBT e Galicia chega ó 0.66%, nin dobramos o seu índice. Mais Extremadura está tres veces máis despoboada que Galicia (tal vez o traballo man a man entre colectivos LGBT e a Junta de Extremadura influira de forma positiva nestas estatísticas)
Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña
Abril 7, 2009
Unha das campañas permanentes do Colectivo Milhomes é “a loita contra a homofobia, lesbofobia, bifobia, transfobia e serofobia co obxectivo de conseguir unha sociedade coruñesa e galega na que se respecten os diretos humanos e igualdade real da población LGBT e con VIH en tódolos ámbitos da vida cotiá.”
Un dos ámbitos da vida cotiá onde por desgraza foi e aínda continúa a ser violada a igualdade e os direitos humanos reflectidos nas leis é a universidade. Se non hai moito tempo, soubemos que baixo a autorización do rector da Universitat de Barcelona os Mossos de Esquadra agredían físicamente os estudantes que se manifestaban contra a reforma dos planos de estudo, o pasmo continúa.
Vemos como continuamente e con total impunidade determinados docentes aprovéitanse dunha posición de poder para intentar impor as súas crenzas discriminatorias e cheas de perxuizos/prexuizos Persoas que cheas de raiba e odio. Ensinémoslle que os únicos doentes son eles ou elas. Que padecen unha doenza moi grave (a lesbofobia, a homofobia, a bifobia e a transfobia) que ten curación indo a consulta d@ psiquiatra ou psicolog@ (sempre que non sexa un tal Polaino)
Ciberacción: “Pola curación da homófoba Gloria María Tomás y Garrido”
Máis info: http://www.facebook.com/home.php?#/group.php?gid=74650716782&ref=nf
Podedes enviar emails e cartas solicitando a súa destitución ós seguintes enderezos:
Universidad Católica San Antonio de Murcia
Rectora Magnífica
Excma. Sra. D.ª Josefina García Lozano
Campus de los Jerónimos s/n, 30107 GUADALUPE (MURCIA)
Correo electrónico: rectorado@ucam.edu
Ciberacción: “Protesta pola eliminación dos seminarios do profesor homófobo da USC Francisco Javier Marcó e apoia a súa curación”
Un catedrático da Universidade de Santiago de Compostela alinéase coas tesis máis discriminatorias da igrexa católica: Francisco Javier Marcó, catedrático de Fisioloxía Animal na Facultade de Bioloxía. Fixo unha proposición dunha subida dun punto e medio na nota aos alumnos que participen nuns seminarios que imparte él e nos que en los que arremete contra o proxecto de reforma da lei do aborto, os preservativos y os homosexuais. O decano desa facultade adevertiulle de que de seguir con esa actitude se lle abrirá un expediente.
Escribe:
Excmo Decano da facultade de Bioloxía
Avda López Gómez de Marzo s/n, 15782
Santiago de Compostela – A Coruña
zbiodeca@usc.es
Telf 981 597 154
Abril 7, 2009
A noite do 3 de abril tivemos a honra de, convidados polo Pen Club Galicia, participar nos actos de homenaxe a Eduardo Blanco Amor e a súa obra “A esmorga”, por cumplirse os 50 anos da súa publicación. A primeira edición desta obra maxistral da literatura galega non saiu á luz en Galicia senón que tivo que “refuxiarse” en Arxentina pola culpa da dictadura franquista. Representaba, claro está, ó colectivo Milhomes.
No mesmo participaron distintas personalidades da cultura galega (Víctor Freixanes, Luis González Tosar, Manuel Forcadela, Isaac Díaz Pardo) baixo a tutela da patrocinadora do acto, a Deputación de Ourense, representada polo seu propio presidente, José Luis Baltar. Con el falamos un intre aínda que non tivemos tempo para sacar a colación do insulto homófobo “maricón” da campaña electoral.
Esperamos que non nos falte oportunidade ó longo do ano para facelo. Nada máis poñer o pé en Ourense o primeiro que fixemos foi reunirnos con José Araujo, exconcelleiro de Cultura, famoso por casarse co seu noivo coa bendición de Feijóo, Baltar y o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, naquel momento. Á reunión con este home, nun céntrico café ourensán, sumáronse (pasaban por alí y ademáis, logo irían á homenaxe a Blanco Amor) dúas mulleeres pertencentes ó PP municipal. Toda a nosa charla con el@s foi para recriminar o que o PP fixera mal en materia de direitos LGBT e para advertirlles de que debían influir nas decisións do seu partido para que este tema non se desatenda nin o máis mínimo.
En petit comité, os tres recoñecían a cantidade de discriminacións ás que aínda estamos sometidos e sabían dar exemplos.
Se non conseguen que as cousas cambien, a furia de Milhomes irá contra eles sen a máis mínima contemplación por ser sabedores do terror a que se nos somete á poboación LGBT galega e non poñerlle remedio.
No discurso de reivindicación de Eduardo se escoitaron moitas cousas: unhas estaban na liña de analisar a súa traxectoria intelectual e noutras a de evocar a personal. Non faltaron as verbas de denuncia da marxinación á que foi sometido Eduardo desde tódolos ámbitos sociais pola súa homosexualidade, indicadas por Tosar. Foi salientable neste acoso o despido de que foi obxceto pola Deputación de Ourense un xove Eduardo que non tiña ningún erro no cumprimento do seu cometido laboral pero que non “podía” pertencer a unha institución tan “ilustre” sendo un maricallas.
Outra liña de descripción da súa figura apuntouna Isaac Díaz Pardo cando evocaba o Eduardo que dicía ser incomprendido polo resto da intelectualidade galega no exilio, ademáis de pouco querido. Isaac dicía que iso non é verdade, que a Eduardo se lle quería.
Temos dúvidas. Eduardo, como cualquer gay daquel momento, vivía a esquizofrenia de ver que se lle podía respetar como intelectual, que se podía estabelecer que os seus escritos eran bos, que podía sentarse en frecuentadas tertulias, pero que, ás costas era despreciado por maricón. Eduardo non era parvo, sabía que o seu discurso social e político, ademáis do cultural, era bo, que interesaba, que mesmo se copiaba, pero que non se lle outorgaba o rango e o respeto que se lle da ó líder que constrúe con carácter a razón de ser dunha loita.
A actual esquerda galega lle resulta máis que desexable ocultar a identidade e orientación sexual dos seus líderes LGBT, imaxinade que quixeran ter como bandeira a Eduardo desde ningún frente da loita pola identidade de Galicia.
Esa labor de reivindicación ainda está pendiente.
Con motivo deste acto o colectivo Milhomes fixo saber que vería con bos ollos que o Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, se adicase a premiar os escritos nos que eixo do protagonismo dos mesmos pase por personaxes LGBT. Malia que supoñera unha disminución de orixinais a concurso, poderia supoñer que baixara o nível dos textos premiados.
Aínda que isto só sería deste xeito se a grande cantidade de escritores LGBT da nosa terra se autocensuraran e non se atreveran a adicar o tempo a un texto que, de non gañar o premio, tampouco tería fácil difusión por asociarse a unha minoría de consumidores.
Non son poucos os exemplos de premios literarios que se convocan co obxecto de visibilizar determinados colectivos sociais polo que, estabelecer, por primeira vez que lesbianas, gays, bisexuais e transexuais tamén debemos ser obxecto dunha atención específica é moi positivo.
Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña
Abril 7, 2009
Foi o 2 de abril cando tiñamos cita co “núcleo duro” do alumnado do IES María Casares de Oleiros: eran os máis vellos do centro. Milhomes foi convocado para dar unha charla a estas mozas e mozos en raibosa adolescencia sobre a homosexualidade. Eran entre 50 e 100 os presentes.
Constantemente escoitamos queixas da mala educación, do rebumbio, do pesados que son e, pola nosa parte, non podemos dicir nada equivalente. Ata petrificados conseguíamos deixalos co noso discurso, sempre atentos e ata con medo cando lles pediamos a súa intervención. Nos sentiamos un pouco decepcionados cando non escoitábamos resposta as nosas preguntas sobre cousas que en nada comprometía o “pedigrí sexual”. Non contestaban pero esperaban que continuaramos coa narración.
Polos propios alumnos e o profesorado constatamos o obvio: Existindo con casi toda seguridade varias decenas de lesbianas e gays nun centro con 600 alumnos, se podían contar cos dedos dunha man os que se atrevían a manifestala abertamente e desde a propia dirección do centro contaban que tiveran que intervir nalgún caso para cortar de raíz un acoso homófobo.
E no fin pasou o que sempre tes ganas de que non suceda.
No fin da charla unha destas personas narrounos unha situación que estaba vivindo realmente criminal. Fora víctima dunha agresión física por parte dos seus pais no momento en que desvelou cal era a súa orientación sexual. Despois da agresión física lle sucedeu a psicolóxica que aínda está padecendo. Todo complicouse porque este rifirafe implicaba a súa parella que amenaza con suicidarse se a relación se rompe por culpa destes pais de direitas.
A maioría das personas que se atreven a levantarlle a man os seus fillos porque non son como eles queren que sexan, votan integrismo católico. Estas dúas personas xa teñen todo o noso apoio e falamos sobre posibles estratexias de acción que axuden a superar esta penosa situación á que están sometidas.
Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña
Abril 7, 2009
O número 117 da revista ZERO (marzo-abril 2009) decepcionounos pola forma na que foi tratado o tema das agresións de Vigo, os dous asasinatos con ensañamiento ata contar 57 puñaladas.
Nese exemplar fala a nai de Aldany (Isaac Pérez Treviño) para facer explícita a súa denuncia da inxustiza cometida polo tribunal popular que considerou inocente dos asasinatos a Jacobo Piñeiro malia que confesara ser autor das 57 puñaladas, inocente só porque alegou en defensa propia o medo insuperable a ser violado e asasinado. Tamén había cartas ó director e unha vaga referencia no editorial.
Nembargantes, a revista ZERO non quiso pór en evidencia que a clase política galega fixo un papel vergoñante ó pasar do asunto como a merda. Ningún político significativo electoralmente deixou oir a súa voz denunciando a inxustiza cometida polo xurado popular de Vigo. Milhomes informou (a ZERO) de cal foi a actitude dos nosos políticos mais, mais non interesa levantar a voz contra os errores bestiais da esquerda institucionalizada.
ZERO tampouco fixo mención do pobre papel que fixeron algúns grupos LGBT galegos, chegando tarde á denuncia da barbarie de Vigo. Tampouco ZERO fixo caso o dito por Milhomes sobre que os direitos da poboación LGBT galega importaran ben pouco na campaña electoral.
Voluntari@s do Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña