O número 117 da revista ZERO (marzo-abril 2009) decepcionounos pola forma na que foi tratado o tema das agresións de Vigo, os dous asasinatos con ensañamiento ata contar 57 puñaladas.

 
             Nese exemplar fala a nai de Aldany (Isaac Pérez Treviño) para facer explícita  a súa denuncia da inxustiza cometida polo tribunal popular que considerou inocente dos asasinatos a Jacobo Piñeiro malia que confesara ser autor das 57 puñaladas, inocente só porque alegou en defensa propia o medo insuperable a ser violado e asasinado. Tamén había cartas ó director e unha vaga referencia no editorial.
 
             Nembargantes,  a revista ZERO non quiso pór en evidencia que a clase política galega fixo un papel vergoñante ó pasar do asunto como a merda. Ningún político significativo electoralmente deixou oir  a súa voz denunciando a inxustiza cometida polo xurado popular de Vigo. Milhomes informou (a ZERO) de cal foi a actitude dos nosos políticos mais, mais non interesa levantar a voz contra os errores bestiais da esquerda institucionalizada. 
 
             ZERO tampouco fixo mención do pobre papel que fixeron algúns grupos LGBT galegos, chegando tarde á denuncia da barbarie de Vigo. Tampouco ZERO fixo caso o dito por Milhomes sobre que os direitos da poboación LGBT galega importaran ben pouco na campaña electoral.

 

Voluntari@s do Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña