Foi o 2 de abril cando tiñamos cita co “núcleo duro” do alumnado do IES María Casares de Oleiros: eran os máis vellos do centro. Milhomes foi convocado para dar unha charla a estas mozas e mozos en raibosa adolescencia sobre a homosexualidade. Eran entre 50 e 100 os presentes.

Constantemente escoitamos queixas da mala educación, do rebumbio, do pesados que son  e, pola nosa parte, non podemos dicir nada equivalente. Ata petrificados conseguíamos deixalos co noso discurso, sempre atentos e ata con medo cando lles pediamos a súa intervención. Nos sentiamos un pouco decepcionados cando non escoitábamos resposta as nosas preguntas sobre cousas que en nada comprometía o “pedigrí sexual”. Non contestaban pero esperaban que continuaramos coa narración.

 
            Polos propios alumnos e o profesorado constatamos o obvio: Existindo con casi toda seguridade varias decenas de lesbianas e gays nun centro con 600 alumnos, se podían contar cos dedos dunha man os que se atrevían a manifestala abertamente e desde a propia dirección do centro contaban que tiveran que intervir nalgún caso para cortar de raíz un acoso homófobo. 

  E no fin pasou o que sempre tes ganas de que non suceda.

No fin da charla unha destas personas narrounos unha situación que estaba vivindo realmente criminal. Fora víctima dunha agresión física por parte dos seus pais no momento en que desvelou cal era a súa orientación sexual. Despois da agresión física lle sucedeu a psicolóxica que aínda está padecendo. Todo complicouse porque este rifirafe implicaba a súa parella que amenaza con suicidarse se a relación se rompe por culpa destes pais de direitas.

A maioría das personas que se atreven a levantarlle a man os seus fillos porque non son como eles queren que sexan, votan integrismo católico. Estas dúas personas xa teñen todo o noso apoio e falamos sobre posibles estratexias de acción que axuden a superar esta penosa situación á que están sometidas.
 
Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña

Advertisement