Este home non ten remedio: Ou minte ou reventa. No Faro de Vigo e na Opinión da Coruña (tal vez en máis xornais do 10 de abril) di que en España hai un ataque planificado contra a Igrexa Católica. Vaia parvada! Acaban de subir a asignación dos diñeiros na recaudación de fazenda, máis e máis rúas son pechadas para as súas procesións (polo menos en Galicia), os receben con boas verbas nas institucións do Estado (todo o contrario do que fan eles) e… Disque están perseguidos!

Para nada. Aínda máis, o movimento laicista vai a remolque das parvadas que promulgan unha e outra vez bispos, arcebispos e o papa. O caso é que nos teñen estresados de tanto como temos que responder as súas parvadas. O da orde e planificación do anticatolicismo o poderá dicir porque non imos atropelando como os adoradores da “ branca pomba” e o do planificado será porque as cousas as pensamos antes de rebuznalas, como fan outros.

            Esta mesma semana santa camiñábamos dous membros do Colectivo Milhomes (Miguel e Jose), e nos atopábamos as bandeiras do concello na Praza de María Pita a media asta.

Pensamos que era polas víctimas do terremoto de Italia, pero non era iso. Estivemos dando máis voltas ó tema ata que reparamos que era venres santo e as gradas que estaban instaladas diante do concello eran para unha romaría católica. Pois si, o concello tiña as bandeiras a media asta porque se conmemora a morte de Cristo. O concello  hoxe ponse de xeonllos ante os católicos, e non será estraño que mañá teña que face-lo mesmo ante alá e honrar a morte dos terroristas islámicos. E o terán que facer por puro trato de igualdade. Así que estamos apañados. Aínda estamos esperando a que en xuño de calquer ano onde a bandeira do arco da vella na portada do concello como xa sucedeu noutras cidades (non fai falta viaxar lonxe:Vigo por exemplo)

           Este indocumentado de Paco pode dicir parvadas en relación ó aborto (como se pode ler no artigo) porque el mesmo foi responsável de que ó longo de moitos anos os museos científicos coruñeses ocultaran todas as verdades da ciencia que non querían ver os católicos; deste xeito teñen á xente enganada e a utilizan ó seu antoxo como borregos.

           Maniféstase como católico. Ten miles de metros cadrados de vivendas na Mariña da Coruña e acumula un patrimonio económico brutal, mentres o mundo está cheo de fame e pobreza. Se por un momento cristo pasara pola terra tería que darlle latigazos como ós mercaderes do templo.

 Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña