O periódico “La Opinión de A Coruña” do 2 de abril deixou en evidencia  ós galegos e a verdade é que quedamos nunha mala posición. Con todo tiveron misericordia de nós e non fixeron unha análise social dos datos.

            Se contaban as bodas de lesbianas e gays que se celebraran no Estado Español, coa pormenorización por Comunidades. A cousa foi moi simple só Castilla y León, Extremadura e La Rioja teñen un índice de bodas, ou o que é o mesmo, modernidade e respeto nas súas cidadanías, menor que o galego. Aínda podiamos sentir a vanidade de poder mirar con arogancia a outras Comunidades que semella que están peor que nós: pois non. Vai resultar que non, que son eles os que poden mirarnos así.

            Quen teña xuizo sabe que lesbianas e gays sentímonos máis libres nas grandes áreas metropolitanas, por ser nelas onde hai máis anonimato para levar o noso estilo de vida.

A conclusión que obtemos é que as áreas metropolitanas galegas (Vigo e A Coruña) moito máis grandes que as das respectivas Comunidades que teñen menos bodas que nós constitúen un fracaso social. 

            Poñamos un exemplo: Extremadura está na cola co 0.34% de bodas LGBT e Galicia chega ó 0.66%, nin dobramos o seu índice. Mais Extremadura está tres veces máis despoboada que Galicia (tal vez o traballo man a man entre colectivos LGBT e a Junta de Extremadura influira de forma positiva nestas estatísticas)

Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña