Febreiro 2010


Non fai moito tempo fíxose veladamente, nun canal de televisión de pago, deses que algúns empregan como distración do xuizo crítico, como é o caso dalgún achegado, a conxetura de que mellor lle iría ao sátrapa Estalin, e cecais a Europa, agrego, se botase man das destrezas dos maricas na Segunda Guerra Mundial, ao contrario de sometelos a indecíbeis reconducións pseudosiquiatricas, ou ao ostracismo do paripé hetero, no gume da histeria producida pola acusada escasez material de época bélica, na federación que doou vinte millóns de varóns naturais da súa xeografía completa, a prol da desaparición do Eixe Nazi. Eixe ao que os cruzados do Reino de España, contribuiron con 20mil guerreiros, asuntazo que non se pauta como debería nos textos de ensino desta reserva católica de occidente que a maioría impasíbel aínda hoxe preconiza, impornos aos millóns de non amoldados ao seu credo, e xentes en xeral sen fe nos ouropeis.

A Churchill, interesáballe un rábano a sorte dos centos de miles de inválidos, zíngaros, xudeos, rojos, homosexuais e demais “pestes” que os fascistas, no seu delirio ignorante e demencial de guerra de exterminio, dos antagonistas absurdos e de esencia NON belixerantes, depositou en contraposición do monolitistimo que impoñía, en fosas comúns ciscadas pola xeografía de Europa oriental enteira; malia iso valeuse dun MARICA, SI, un marica, cando a Alemaña fascista lle colleu a medida ao Reino Unido, para desencriptar mediante o real precursor das computadoras, con enxeñería militar avanzada, as comunicacións reservadas do Reich, empregando por primeira ocasión seica, códigos binarios en materia de contraintelixencia.

O home proseguíu en desenvolvimento de enxeños de contraintelixencia, pero andados os anos, hete aquí que un día medio botou unha zoca fora do armario; e foi sometido a un proceso xurídico-social de escarnio, debido a lexislación saxona en materia de moralidade -até como quen puidese dicir onte-, mais chegou a data na que -non teño agora a certeza do dato concreto-, non sei se o ministro de defensa, o voceiro da policía peudofederal daquel reino irresolúbel, o titular da carteira de interior, ou cal apéndice do Estado inglés, libraron un comunicado de homenaxe póstuma, no que se recoñecía que sen este heroe marica, ate fai pouco represaliado en razón da súa preferencia afectiva, o Reino Unido non se salvaría da ocupación fascista, e os Aliados non restituirían a democracia parlamentaria NO BENELUX, FRANZA, ESCANDINAVIA, ITALIA E GRECIA…

Abel Mendes

Escritor e voluntario do Colectivo LGBT Milhomes da Coruña

Advertisement

Achégome polos aledaños do dispensario do especialista en VIH/SIDA., e algúns outros sindromes infecciosos do coruñés Hospital Universitario das Xubias, con relativa irregularidade, por asuntos sen interese para a causa que hogano, debera ocupar a case toda a comunidade, que nunha época da vida fixo a escolla, o se víu obrigado a trocar de compañeiro de cama, coa frecuencia da apetenza, a ruda inconsciencia no caso paradigma do cuarto escuro, as bacanais filohetero tan recorrentes nos lupanares de cada rúa desta Europa farisea, ou a imposición de servizos sexuais retribuídos.

A parella vitalicia énos unha quimera teista inhumana, que leva a moitos varóns, a ridiculez da infidelidade cristiana, das parellas que reciben deles o reiterado recado do VIH, de bastantes das distintas presas do conquistador atado. Por isto hoxe o condon non é un complemento do sexo, é unha tecnoloxía inexcusábel para unha experiencia sexual exenta de risco, se a calquera idade da nosa vida abeiramos dúbidas encol de se a nosa parella vai ser vitalicia, ou pode ter contacto de risco con enfermidades de transmisión sexual.

O afán que move a quen afirma isto évos que malia sensibeis avances, a información encol de VIH resulta, como tantas outras en materia social, un noxiño, e tiveron máis penetración mediática no Estado as boutades de Iribarne encol do condón, ou Bieito XVI(¡), ¡que a razón prática!; baseada na profilaxe da superchería ou a ignorancia.
Hai particulares que todos debéreamos ter presentes, como que as consignas da OMS que son idóneas para o pobo macedonio ou moldavo, non o son asemade acolá no fisterra latino. Non estaría demais por exemplo, que na información que se serve, nos de teléfonos de orientación para o text do VIH, ou nos dípticos dos postos de saúde e información xuvenil, se explicase que alen da opción clásica, do médico de cabeceira, que é unha realidade sexolóxica farto fastidiosa para tantas/os (canto a privacidade), se salientase de semellante xeito que calquera laboratorio de análise con licenza, ou médico internista, pode con enteira destreza solventar esta proba. Proba que á paraindustria antisida lle favorece realizar como se ven a facer, básicamente por motivos estatísticos, causantes de dor social, baratamente reconducibel de existir tal intención, nas mans de quen se abona esta papeleta.

NON HAI MOITA ESPERANZA NO ACTIVISMO GAI DE QUE ESTE PARTICULAR MUDE, CANDO BOTANDO POR CASO, NOS MANUAIS DE SAUDE SEXUAL DIFUNDIDOS EN CENTROS DE ENSINO, SE PON O TIL NA ABONDOSA VASCULARIZACIÓN DO ANO, PARA ACUSAR NA PENETRACIÓN DESTE COMO CONDUCTA CARNAL, UNHA PRÁTICA DE RISCO, SEN EN NINGÚN CASO FACER ALUSIÓN A SEMELLANTE CONXETURA NAS VAXINAS PRE OU POSMENSTRÚADAS. Só lles resta aseveraren aos nosos irmáns escolantes, que o sexo pre e extramatrimonial e insaudábel. 
 

Abel Mendes

Escritor e voluntario do Colectivo LGBT Milhomes da Coruña