Marzo 2010


Vale que en galego saíu o libro que desvelou o total (con matizacións) da historia, cousa moi de agradecer a Narciso de Gabriel, o seu autor.

Pero non nos esquezamos que quen han reputado e dignificado o seu empeño de ser unha familia, antes que ninguén, fomos o colectivo LGBT Milhomes da Coruña e diversas publicacións sobre feminismo escritas en castelán. As seguintes:

 – “Agrupémonos todas” de Isaías Lafuente

– “Rosas e espiñas” de Ángela Carmona

– “Historia das mulleres en España e América Latina. Século XX aos limiares do XXI” de Isabel Morat.

– “Eu non son esa que ti imaxinas” de Angie Simonis Estes son títulos nos que a historia destas dúas mulleres aparece como moi relevante no feminismo do século XX.

Só hai artigos de prensa en galego. É máis, produciuse a vergoña de que o “Dicionario de Mulleres Galegas” redactado por Aurora Marco, non as rexistra, mentres que dá entrada a multitude de nomes de mulleres que, en comparación co que supuxeron Marcela e Elisa de visibilidade e balbordo, son historias insignificantes. Este dicionario é unha publicación da Xunta de Galicia publicada polo anterior goberno bipartito (lesbofobia haina en todas partes e en todos os partidos políticos por desgraza)

 O bo de que estea o libro de Narciso de Gabriel traducido ao castelán é que así terán acceso a esta narración moitas máis persoas. Expándese a súa dignidade a escala continental. Hoxe pode haber descendencia desta familia, está claro, descendentes da filla de Marcela en Arxentina.

 No colectivo LGBT Milhomes, cando puidemos, intentamos que se preste atención a este tema para que desde algún medio de comunicación en Arxentina puidésese lanzar ás ondas o interese por coñecer a historia que aínda non se desvelou. Non obtivemos ningún resposta positiva e o famoso Lobatón non está en antena desde hai moitos anos para buscar aos seus descendentes.

Por certo, ao concello da Coruña esta gran noticia píllalle co pié cambiado. Nin lles dedicou rúa algunha (a pesar de que constantemente hai queixa de que non hai apenas mulleres no rueiro da cidade) ó abeiro da nova Lei de Memoria Histórica e a placa que tiñan no Bosque da Mulleres, que foi roubada fai 8 meses, segue sen reporse. Parece que as cousas están cambiando e isto último vai emendarse pronto, saben que ?Milhomes? estámos aí, dispostos a dar a rifa se é necesario e non se poden permitir un inimigo como nós ante as próximas eleccións municipais.

Advertisement

Esta noite Alma (avenida de Beiramar, 113) convídate a participar no mellor festival LGBT de Galicia, o Winter Gay Fest que pretende unir a gays, lesbianas, bisexuais e heterosexuais dos concellos galegos, do norte de España y de Portugal.

É a segunda vez que Vigo acolle un festival destas características. O primeiro foi o pasado mes de agosto co Summer Gay Fest, que naceu da necesidade de ter presenza en sitios que non sexan os lugares habituais deste tipo de eventos. E Vigo cumplía todos os requisitos para mover a un grande número de personas pola súa situación xeográfica e polo seu ambiente nocturno

A primera edición contou coa colaboración de La Prohibida, un icono para o ambiente LGBT de España e Latinoamerica, que presentou o seu último traballo musical, e de Carlos Veleiro e a Gay-ega, que deron un toque pícaro co seu show secreto. Todo para conseguir unha espectacular festa onde o respeto, la tolerancia e as ganas de pasalo ben son os ingredientes perfectos para unha noite inolvidable.

Fonte: Vigo al minuto

Artistas como Sophie Evans, Anastasia Mayo, Dunia Montenegro, Totó García ou David Galant, entre outros, posaron onte xoves no Miradoiro do Monte de San Pedro da Coruña para os medios de comunicación. Este venres, ás 17 horas, terá lugar en ExpoCoruña a inauguración oficial, que estará presidida polo tenente de alcalde de Festas, Carlos González-Garcés; a invitada de honra do festival, Sophie Evans, e o director de Eros Galicia, Juli Simón. En total serán máis de 450 os espectáculos que se realizarán ata o próximo domingo nun espacio que contará con áreas temáticas para mulleres e swingers, zona gay e máis de 60 artistas.

Fonte: Axencia EFE

            A poboación LGBT (lesbianas, gays, bisexuais e transexuais), como tantos outros, temos motivos para estar agradecidos ó recentemente falecido Manuel Espiña.

Seríamos desleais se non lembráramos que tivo (en compañía de outros sacerdotes e ex-sacerdotes) a valentía de asinar un manifesto reivindicativo redactado polo colectivo lgbt  “Milhomes” da Coruña “Milhomes”.

Para entender o gran nivel do seu compromiso so hai que lembrar que nos últimos anos a actitude da Igrexa Católica ten sido hostil e belixerante difamando unha e outra vez a nosa dignidade. Non hai máis que ve-lo seu perfil para reparar que Manuel tivo como premisa fundamental ser un bo cristián máis que un bo católico.

Estés onde estés, unha grande aperta amigo de tódalas personas que formamos parte do Colectivo LGBT Milhomes da Coruña