Vale que en galego saíu o libro que desvelou o total (con matizacións) da historia, cousa moi de agradecer a Narciso de Gabriel, o seu autor.

Pero non nos esquezamos que quen han reputado e dignificado o seu empeño de ser unha familia, antes que ninguén, fomos o colectivo LGBT Milhomes da Coruña e diversas publicacións sobre feminismo escritas en castelán. As seguintes:

 – “Agrupémonos todas” de Isaías Lafuente

– “Rosas e espiñas” de Ángela Carmona

– “Historia das mulleres en España e América Latina. Século XX aos limiares do XXI” de Isabel Morat.

– “Eu non son esa que ti imaxinas” de Angie Simonis Estes son títulos nos que a historia destas dúas mulleres aparece como moi relevante no feminismo do século XX.

Só hai artigos de prensa en galego. É máis, produciuse a vergoña de que o “Dicionario de Mulleres Galegas” redactado por Aurora Marco, non as rexistra, mentres que dá entrada a multitude de nomes de mulleres que, en comparación co que supuxeron Marcela e Elisa de visibilidade e balbordo, son historias insignificantes. Este dicionario é unha publicación da Xunta de Galicia publicada polo anterior goberno bipartito (lesbofobia haina en todas partes e en todos os partidos políticos por desgraza)

 O bo de que estea o libro de Narciso de Gabriel traducido ao castelán é que así terán acceso a esta narración moitas máis persoas. Expándese a súa dignidade a escala continental. Hoxe pode haber descendencia desta familia, está claro, descendentes da filla de Marcela en Arxentina.

 No colectivo LGBT Milhomes, cando puidemos, intentamos que se preste atención a este tema para que desde algún medio de comunicación en Arxentina puidésese lanzar ás ondas o interese por coñecer a historia que aínda non se desvelou. Non obtivemos ningún resposta positiva e o famoso Lobatón non está en antena desde hai moitos anos para buscar aos seus descendentes.

Por certo, ao concello da Coruña esta gran noticia píllalle co pié cambiado. Nin lles dedicou rúa algunha (a pesar de que constantemente hai queixa de que non hai apenas mulleres no rueiro da cidade) ó abeiro da nova Lei de Memoria Histórica e a placa que tiñan no Bosque da Mulleres, que foi roubada fai 8 meses, segue sen reporse. Parece que as cousas están cambiando e isto último vai emendarse pronto, saben que ?Milhomes? estámos aí, dispostos a dar a rifa se é necesario e non se poden permitir un inimigo como nós ante as próximas eleccións municipais.

Advertisement