Todos os voluntarios que formamos parte do Colectivo Milhomes de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais da Coruña, queremos brindar todo o noso apoio á parella de mozos ían paseando da man (coincidía que era o aniversario dun deles) e que foron agredidos por uns quince xoves e uns vagabundos na madrugada do sábado 11 ao domingo 12 de setembro nos Xardíns de Méndez Núnez do centro da Coruña.

Queremos denunciar a homofobia desta agresión. Desde os insultos ata a violencia física. Tamén a homofobia e desinterese da patrulla de policía, que atendeu aos dous mozos que se negou a identificar a un dos agresores -que estaba nas inmediacións- e, a achega-los a un centro de saúde de urxencias para recibir atención médica e abrir o parte de lesións

Sucesos como o do pasado fin de semana, evidencian a falta de posta en práctica de políticas educativas sen tabús para que en colexios, institutos, centros de adultos, universidades… estea presente unha educación na igualdade que ensine desde a infancia a respectar ás persoas coa súa diversidade sexual e doutros tipos(de xénero, raza…)

Tamén, pór de relevo a falta de preparación dos corpos de policía en atender a vítimas da violencia baseada na homofobia, lesbifobia, bifobia e transfobia

Reclamamos un compromiso firme de todos os nosos/as políticos que gobernan nas diferentes administracións para que leven a cabo os cambios necesarios na lei e aplíquense as políticas educativas para educar na tolerancia e erradicar a base das fobias: medo e ignorancia cara ao descoñecido. Esperamos que a anunciada “Lei de Igualdade de trato” para loitar contra a violencia LGBTfóbica apróbese dunha vez por todas

Invitámosvos a participar na concentración de protesta do próximo venres ás 17h no Obelisco do Paseo Marítimo da Coruña, convocada polo grupo LGTB Sete Cores

Nova ampliada

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/09/15/0003_8726617.htm

Vídeo co testimonio dos mozos

http://www.vtelevision.es/informativos/2010/09/15/0031_26_28889.htm

Advertisement