Accions – Educación


 
En atención a agresión que os conselleiros de educación, das autonomías populares de España, nas declaracións verquidas últimamente en toda a prensa xeneralista, contra a institución do ensino público obrigatorio, cuxo orzamento financiamos todos, aínda converténdonos en vítimas do barbarismo falocrático, que indistintamente o xerencia, quer no ámbito do centro público, como no concertado e clerical, e valéndome do tomista dereito a defensa, que a santa Inquisición nos outorgou xunto con Galileo, a blasfemos, herexes e ateos, coa miña circunstancia de marica como significativo antecedente, hei de expresarlle a estes funcionarios, algunhas das miñas dexeneracións, para o que o catolicismo orgánico, non ten a atribución de concederme licenza, neste celebrado foro galaico, salvo ao prezo do golpe de estado que o bispado “gescartérico” de Valladolid, como Compostela ou Mondoñedo, etc, nos teñen sempre gardado nas súas mangas de rapina, dende os cuartelarios vales dos caídos parroquiais, que vampirizan na Galiza como en Valencia nada menos, a consellería de Educación e Cultura.
A familia non posúe no noso Estado outra competencia encol da educación erótica, que a específica verbo das liberdades individuais recollidas na Carta Magna do 78.
Coido que é o Estado español en exclusiva hoxe, ao traveso das autonomías, que son Estado aínda co apesadumamento de tantos, quen ha de vertebrar educativamente as nosas sociedades, coa administración pública do ensino obrigatorio, da que a nosa Conferencia Episcopal, lle prohibimos a franquista atribución de participar, senón para instruir aos meus condidadás, nas luces do seu subrepticio Catecismo (que nos foi imposto na transición, manu militari), sometida a non parasitar o goberno de entre outras liberdades, a da bragueta da mocidade, cuxa soberanía fica expresado na Carta Magna, reside na integridade dos cidadás maricas, transexuais, bisexuais e heterosexuais xóvenes do Reino, e non nos súbditos do Vaticano, con seus decrépitos funcionarios das consellerías de educación, por moito que isto socave a súa aplicada labor confesa, de excluir a ledicia anal gai dos plans de estudo, e con iso se perxudique a liquidez da tesourería das bulas, que o Estado aconfesional, non lle prohibimos arbitrar.
Do mesmo xeito que o noso ordenamento xurídico, prohibe ás familias musulmás, a mutilación do clítoris das adolescentes, das cales o noso Estado, lle atribúe a patria potestade, e en virtude da soberanía que os maricas avangardamos, en contra do imperialista falocentrismo e a súa institución familiar contraeducadora católica, que como a musulmá exclúe aos maricas, da soberanía dos nosos rectos, e demais atributos carnais de calquera fillo de veciño, ao igual que subxugan a vulva de nosas nais, para soster o imperio Vaticano, que como súbditos nos explota, someténdonos ao barbarismo do Noso Pai, ou outras indignidades mercantiles, do cepillo dos nosos párrocos e o seu excluínte rito aculturizador, felizmente ceifado da nosa Carta Magna, merced a institución do ensino público obrigatorio; este ensino, como viña dicindo, en virtude da soberanía que os gais avangardamos, obriga ao Estado a educar as sociedades que o integran, dende a infancia, na TOLERANCIA do erotismo propio da nosa afectiva natureza, ancha cuestión á que non tiveron acceso as Españas, pola cartesiana senrazón do descoñecemento, ao que o imperio Vaticano somete as súas vasalas, e do que Rousseau nos rescatou aos galegos no ano 36, co intermedio do Partido Galeguista (hoxe PNG., integrado no BNG. fai anos), a tempo de que os maricas de A Coruña, que se deron superposto a nosa INCONSTITUCIONAL educación sexual familiar, poidamos esixirlles aos prolixos funcionarios da Obra vaticana, con grande penetración nas consellerías de educación, de toda a xeografía hispana, que se metan o seu credo onde teñan oco, e cumpran o mandato Estatal de educar a Galiza no erotismo, sin sustraernos a súa transversalidade afectiva.
De non ser así, a ninguén ha de extrañar que eu, mais que estes prolixos funcionarios teñan falocráticamente concedida a prerrogativa de nomear, de entre os seus confesionais irmáns da maxistratura, ao fiscal e ao presidente do tribunal que o pode enxuizar, acuse a estas politicas de seren unhas delincuentas da peor calaña, orixe do oprobio que conduce ao marica galego, a indignidade do executado na súa adolescencia, a miseria do autoexilado na súa xuventude, a devastación afectiva na súa madurez, ou ao existencialismo do suicida na súa vellez, enterrándonos en vida dende a infancia. Porque a nosa razón de ser, a nosa AFECTIVIDADE, insurxe a súa monárquica falocracia imperial, milenariamente afanada en chupar o sangue dos pobos, co único dispendio do alimento que só a uns poucos alcanza, para que con nos sobreviva, o perverso mercadeo universal do seu santo xenocidio, que Deus obra (¡), co monopolio de todas as violencias, ás que o Concilio Vaticano II, incorporou para nos a violencia electoral, introducindo na democracia a súa envelenada e bárbara mentira.

Abel Mendes

Voluntario do Colectivo LGBT Milhomes da Coruña

Advertisement

Unha das campañas permanentes do Colectivo Milhomes é  “a  loita contra a homofobia, lesbofobia, bifobia, transfobia e serofobia co obxectivo de conseguir unha sociedade coruñesa e galega na que se respecten os diretos humanos e igualdade real da población LGBT e con VIH en tódolos ámbitos da vida cotiá.”

Un dos ámbitos da vida cotiá onde por desgraza foi e aínda continúa a ser violada a igualdade e os direitos humanos reflectidos nas leis é a universidade. Se non hai moito tempo, soubemos que baixo a autorización do rector da Universitat de Barcelona os Mossos de Esquadra agredían físicamente os estudantes que se manifestaban contra a reforma dos planos de estudo, o pasmo continúa.

Vemos como continuamente  e con total impunidade determinados docentes aprovéitanse dunha posición de poder para intentar impor as súas crenzas discriminatorias e cheas de perxuizos/prexuizos  Persoas que cheas de raiba e odio. Ensinémoslle que os únicos doentes son eles ou elas. Que padecen unha doenza moi grave (a lesbofobia, a homofobia, a bifobia e a transfobia) que ten curación indo a consulta d@ psiquiatra ou psicolog@ (sempre que non sexa un tal Polaino)

Ciberacción: “Pola curación da homófoba Gloria María Tomás y Garrido”

Máis info: http://www.facebook.com/home.php?#/group.php?gid=74650716782&ref=nf

Podedes enviar emails e cartas solicitando a súa destitución ós seguintes enderezos:

Universidad Católica San Antonio de Murcia
Rectora Magnífica
Excma. Sra. D.ª Josefina García Lozano
Campus de los Jerónimos s/n, 30107 GUADALUPE (MURCIA)

Correo electrónico: rectorado@ucam.edu

Ciberacción: “Protesta pola eliminación dos seminarios do profesor homófobo da USC Francisco Javier Marcó e apoia a súa curación”

Un catedrático da Universidade de Santiago de Compostela alinéase coas tesis máis discriminatorias da igrexa católica: Francisco Javier Marcó, catedrático de Fisioloxía Animal na Facultade de Bioloxía. Fixo unha proposición dunha subida dun punto e medio  na nota aos alumnos que participen nuns seminarios que imparte él e nos que en los que arremete contra o proxecto de reforma da lei do aborto, os preservativos y os homosexuais. O decano desa facultade adevertiulle de que de seguir con esa actitude se lle abrirá un expediente.

Escribe:

 Excmo Decano da facultade de Bioloxía

Avda López Gómez de Marzo s/n, 15782
Santiago de Compostela – A Coruña

zbiodeca@usc.es  

Telf 981 597 154

 
             Foi o 2 de abril cando tiñamos cita co “núcleo duro” do alumnado do IES María Casares de Oleiros: eran os máis vellos do centro. Milhomes foi convocado para dar unha charla a estas mozas e mozos en raibosa adolescencia sobre a homosexualidade. Eran entre 50 e 100 os presentes.

Constantemente escoitamos queixas da mala educación, do rebumbio, do pesados que son  e, pola nosa parte, non podemos dicir nada equivalente. Ata petrificados conseguíamos deixalos co noso discurso, sempre atentos e ata con medo cando lles pediamos a súa intervención. Nos sentiamos un pouco decepcionados cando non escoitábamos resposta as nosas preguntas sobre cousas que en nada comprometía o “pedigrí sexual”. Non contestaban pero esperaban que continuaramos coa narración.

 
            Polos propios alumnos e o profesorado constatamos o obvio: Existindo con casi toda seguridade varias decenas de lesbianas e gays nun centro con 600 alumnos, se podían contar cos dedos dunha man os que se atrevían a manifestala abertamente e desde a propia dirección do centro contaban que tiveran que intervir nalgún caso para cortar de raíz un acoso homófobo. 

  E no fin pasou o que sempre tes ganas de que non suceda.

No fin da charla unha destas personas narrounos unha situación que estaba vivindo realmente criminal. Fora víctima dunha agresión física por parte dos seus pais no momento en que desvelou cal era a súa orientación sexual. Despois da agresión física lle sucedeu a psicolóxica que aínda está padecendo. Todo complicouse porque este rifirafe implicaba a súa parella que amenaza con suicidarse se a relación se rompe por culpa destes pais de direitas.

A maioría das personas que se atreven a levantarlle a man os seus fillos porque non son como eles queren que sexan, votan integrismo católico. Estas dúas personas xa teñen todo o noso apoio e falamos sobre posibles estratexias de acción que axuden a superar esta penosa situación á que están sometidas.
 
Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña