A noite do 3 de abril tivemos a honra de, convidados polo Pen Club Galicia, participar nos actos de homenaxe a Eduardo Blanco Amor e a súa obra “A esmorga”, por cumplirse os 50 anos da súa publicación. A primeira edición desta obra maxistral da literatura galega non saiu á luz en Galicia senón que tivo que “refuxiarse” en Arxentina pola culpa da dictadura franquista. Representaba, claro está, ó colectivo Milhomes.
          

            No mesmo participaron distintas personalidades da cultura galega (Víctor Freixanes, Luis González Tosar, Manuel Forcadela, Isaac Díaz Pardo) baixo a tutela da patrocinadora do acto, a Deputación de Ourense, representada polo seu propio presidente, José Luis Baltar. Con el falamos un intre aínda que non tivemos tempo para sacar a colación do insulto homófobo “maricón” da campaña electoral.

 Esperamos que non nos falte oportunidade ó longo do ano para facelo. Nada máis poñer o pé en Ourense o primeiro que fixemos foi reunirnos con José Araujo, exconcelleiro de Cultura, famoso por casarse co seu noivo coa bendición de Feijóo, Baltar y o alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, naquel momento. Á reunión con este home, nun céntrico café ourensán, sumáronse (pasaban por alí y ademáis, logo irían á homenaxe a Blanco Amor) dúas mulleeres pertencentes ó PP municipal. Toda a nosa charla con el@s foi para recriminar o que o PP fixera mal en materia de direitos LGBT e para advertirlles de que debían influir nas decisións do seu partido para que este tema non se desatenda nin o máis mínimo.

En petit comité, os tres recoñecían a cantidade de discriminacións ás que aínda estamos sometidos e sabían dar exemplos.

Se non conseguen que as cousas cambien, a furia de Milhomes irá contra eles sen a máis mínima contemplación por ser sabedores do terror a que se nos somete á poboación LGBT galega e non poñerlle remedio.

No discurso de reivindicación de Eduardo se escoitaron moitas cousas: unhas estaban na liña de analisar a súa traxectoria intelectual e noutras a de evocar a personal. Non faltaron as verbas de denuncia da marxinación á que foi sometido  Eduardo desde tódolos ámbitos sociais pola súa homosexualidade, indicadas por Tosar. Foi salientable neste acoso o despido de que foi obxceto pola Deputación de Ourense un xove Eduardo que non tiña ningún erro no cumprimento do seu cometido laboral pero que non “podía” pertencer a unha institución tan “ilustre” sendo un maricallas. 

Outra liña de descripción da súa figura apuntouna Isaac Díaz Pardo cando evocaba o Eduardo que dicía ser incomprendido polo resto da intelectualidade galega no exilio, ademáis de pouco querido. Isaac dicía que iso non é verdade, que a Eduardo se lle quería.

Temos dúvidas. Eduardo, como cualquer gay daquel momento, vivía a esquizofrenia de ver que se lle podía respetar como intelectual, que se podía estabelecer que os seus escritos eran bos, que podía sentarse en frecuentadas tertulias, pero que, ás costas era despreciado por maricón. Eduardo non era parvo, sabía que o seu discurso social e político, ademáis do cultural, era bo, que interesaba, que mesmo se copiaba, pero que non se lle outorgaba o rango e o respeto que se lle da ó líder que constrúe con carácter a razón de ser dunha loita.

A actual esquerda galega lle resulta máis que desexable ocultar a identidade e orientación sexual dos seus líderes LGBT, imaxinade que quixeran ter como bandeira a Eduardo desde ningún frente da loita pola identidade de Galicia.
 
            Esa labor de reivindicación ainda está pendiente.
 
            Con motivo deste acto o colectivo Milhomes fixo saber que vería con bos ollos que o Premio de Novela Longa Eduardo Blanco Amor, se adicase a premiar os escritos nos que eixo do protagonismo dos mesmos pase por personaxes LGBT. Malia que supoñera unha disminución de orixinais a concurso, poderia supoñer que baixara o nível dos textos premiados.

Aínda que isto só sería deste xeito se a grande cantidade de escritores LGBT da nosa terra se autocensuraran e non se atreveran a adicar o tempo a un texto que, de non gañar o premio, tampouco tería fácil difusión por asociarse a unha minoría de consumidores.

Non son poucos os exemplos de premios literarios que se convocan co obxecto de visibilizar determinados colectivos sociais polo que, estabelecer, por primeira vez que lesbianas, gays, bisexuais e transexuais tamén debemos ser obxecto dunha atención específica é moi positivo.

  

Voluntari@s Colectivo LGBT Milhomes de A Coruña