Comunicados


Todos os voluntarios que formamos parte do Colectivo Milhomes de Lesbianas, Gais, Bisexuais e Transexuais da Coruña, queremos brindar todo o noso apoio á parella de mozos ían paseando da man (coincidía que era o aniversario dun deles) e que foron agredidos por uns quince xoves e uns vagabundos na madrugada do sábado 11 ao domingo 12 de setembro nos Xardíns de Méndez Núnez do centro da Coruña.

Queremos denunciar a homofobia desta agresión. Desde os insultos ata a violencia física. Tamén a homofobia e desinterese da patrulla de policía, que atendeu aos dous mozos que se negou a identificar a un dos agresores -que estaba nas inmediacións- e, a achega-los a un centro de saúde de urxencias para recibir atención médica e abrir o parte de lesións

Sucesos como o do pasado fin de semana, evidencian a falta de posta en práctica de políticas educativas sen tabús para que en colexios, institutos, centros de adultos, universidades… estea presente unha educación na igualdade que ensine desde a infancia a respectar ás persoas coa súa diversidade sexual e doutros tipos(de xénero, raza…)

Tamén, pór de relevo a falta de preparación dos corpos de policía en atender a vítimas da violencia baseada na homofobia, lesbifobia, bifobia e transfobia

Reclamamos un compromiso firme de todos os nosos/as políticos que gobernan nas diferentes administracións para que leven a cabo os cambios necesarios na lei e aplíquense as políticas educativas para educar na tolerancia e erradicar a base das fobias: medo e ignorancia cara ao descoñecido. Esperamos que a anunciada “Lei de Igualdade de trato” para loitar contra a violencia LGBTfóbica apróbese dunha vez por todas

Invitámosvos a participar na concentración de protesta do próximo venres ás 17h no Obelisco do Paseo Marítimo da Coruña, convocada polo grupo LGTB Sete Cores

Nova ampliada

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/09/15/0003_8726617.htm

Vídeo co testimonio dos mozos

http://www.vtelevision.es/informativos/2010/09/15/0031_26_28889.htm

Advertisement

            A poboación LGBT (lesbianas, gays, bisexuais e transexuais), como tantos outros, temos motivos para estar agradecidos ó recentemente falecido Manuel Espiña.

Seríamos desleais se non lembráramos que tivo (en compañía de outros sacerdotes e ex-sacerdotes) a valentía de asinar un manifesto reivindicativo redactado polo colectivo lgbt  “Milhomes” da Coruña “Milhomes”.

Para entender o gran nivel do seu compromiso so hai que lembrar que nos últimos anos a actitude da Igrexa Católica ten sido hostil e belixerante difamando unha e outra vez a nosa dignidade. Non hai máis que ve-lo seu perfil para reparar que Manuel tivo como premisa fundamental ser un bo cristián máis que un bo católico.

Estés onde estés, unha grande aperta amigo de tódalas personas que formamos parte do Colectivo LGBT Milhomes da Coruña