A tres anos da penosa sentenza do xuizo no que se exculpou aos salvapatrias Marcos Rico P., Diego Real C. e Julio Teijido M., de ter protagonizado a agresión na que X. Enrique P.Q., saeu ferido de arma branca, e con contusións no rostro eu, continúa a haber aspectos do asunto que me levan a pensar, que a Policía Nacional implicouse na defensa dos denunciados.

 

  Para principiar, a acusación que eu formulara en comisaría foi que estes salvapatrias integraban unha banda, o que me foi atrancado polo axente ao cárrego, e secundaran xunto ao seu grupo este ATENTADO HOMÓFOBO, sen identificar, pola atrofia profesional da policia, aos autores das lesións. 

 

   Hei de recoñecer que me custa ser imparcial, posto que a min, baixo a orde do compañeiro de goberno de Núñez. Feijoo, o oscuro Diz Guedes, policias nacionais de servicio arrincáronme un dente, por aparentar ser un delincuente de tipo homosexual, renuente a ser identificado case diariamente, na mesma paraxe urbana na que ausentándose os uniformados, os salvapatrias me facían obxecto de batida, como coido lembrar acontecía na madrugada do 17 de setembro do 97, ou na do 8 de novembro do 98, ou como noutras ocasións posteriores, nas que fun testemuña de que o centinela da Xefatura Provincial de Policía o era comigo, mais sendo eu inxenuo, na maior da impasividades.

 

   Cando dei alerta de que os salvapatrias me identificaran, na praza do Humor, as 00:50 do 19 de agosto do 2001, a Policía Nacional acudíu despois de cinco rechamadas, as 4:50, para tomar os datos de tres elementos, porque houbo interese en que o grupo, que esta noite sobrepasaba a ducia, se esvaese, posto que dado a súa localización posterior, en r./Juán Canalejo, deberían teren sido identificados pola policía camuflada que pulula sempre nas noites nesa zona.

 

   Logo da identificación do acusado discapacitado, parámetro que eu ignoraba e que me foi advertido pola policía, esta tentou persuadirme de retirar a denuncia contra el, este Millán Astrayciño de afeizon polo Teresa Herrera, que segundo afirmaron os axentes, non é quen de matar un mosquito.

 

   O grupo de salvapatrias víu dalgún xeito CONSTATADA a súa vertebración, no testemuño da exnamorada dun dos acusados, pero a Policía Nacional non instruíu ningunha dilixencia ao efecto, con escarnio para o uniforme, co que a asociación destes delincuentes non foi suxecto de consideración punibel.

  

Continuaron producíndose agresións, pero é de salientar que estas incidencias NON atinxen só a persoa de X. Enrique ou eu; posto que houbo máis vitimas, que pasaron por atención médica primaria ou de urxencia, en múltiples ocasións, sen delatar en nigún caso, quen foron os agresores, e clama ao ceo, que moito menos se mencionou onde, nin o grotesco por qué da presenza dos agredidos, nunha caza que nalgún caso, contou con estímulo por elementos uniformados, en virtude do que os neonazis, converteron esta aberración cidadana, en exercicio da velada festa patriótica, de sanar moendo  a paus ao homosexual.

  

Abel Mendes

Voluntario Colectivo LGBT Milhomes da Coruña

Advertisement