
O presidente da FELGTB, Antonio Poveda, o presidente de Milhomes A Coruña, José Carlos Alonso, e a vicepresidenta de Nos Mesmas, colectivo de Vigo e Pontevedra, Elizabeth Pérez, reuníronse o pasado 11 de xuño co Fiscal Xefe e o Presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra para mostrarlles a súa preocupación ante unha situación que ía producirse de non actuarse con celeridade no señalamiento de novo xuízo e designación de novo xurado.
A preocupación das entidades materializouse na xeración dunha importante alarma social e sensación de impunidade ante a posibilidade certa de que o imputado poida evadir a acción da xustiza ou cometer un novo crime, como desgraciadamente xa ocorreu noutros casos.
Quixemos chamar a atención da Xustiza pero non nos escoitaron: as medidas de seguridade impostas son insuficientes para dar a xusta resposta á dignidade das vítimas e os seus familiares, e a seguridade xurídica que a comunidade LGTB merece, recordou Antonio Poveda, presidente da FELGTB. Non podemos deixar que nos exceda a impotencia e indefensión ante un desproporcionado sentimento de odio, a homofobia, que pode facer a un home asestar 57 puñaladas a unha parella doutros dous homes, roubarlles, queimar os seus corpos, e que tras esta crueldade poida saír en liberdade en catro anos, afirmou.
A Federación quere instar de novo ás autoridades competentes da administración de Xustiza de Galicia, ademais da o Ministro de Xustiza e ao Fiscal Xeral do Estado, tamén galegos, para que este asunto adquira prioridade nas súas axendas e tomen cartas no asunto para non permitir que o asasinato de Isaac e Xullo quede impune.
Desirée Chacón, Secretaria Xeral da FELGTB, destacou que a Administración de Xustiza e quen a representan e exercen, serán pola súa insensibilidad e incapacidade, os responsables se Piñeiro comete un novo asasinato ou escapa á acción da Xustiza. Esiximos que actúen con urxencia e rigor para non ter mañá que lamentarse ou pedir perdón, un perdón que do mesmo xeito que aos novos gais asasinados e os seus familiares xa non nos servirá de nada. Só queremos Xustiza.
Deixar unha resposta